30 abr 2012

EXPOSICIÓN DE XOEL EN DETRÁS DO MARCO

Nova exposición en Detrás do Marco. Dende onte 29 de abril e ata o próximo día 10 de maio Xoel amosa o seu traballo, que destaca polo seu colorido.
Non os perdades esta exposición!

26 abr 2012

CLAVE DE FADO, MAÑÁ EN DETRAS DO MARCO

O grupo Clave de FaDo -composto por Iria Estévez (vocalista), Pepe Piña (guitarra acústica e compositor) e Gonzalo Piña (guitarra española)- actuará mañá 27 de abril (20:30 horas) no local Detrás do Marco (entrada gratuíta).
Clave de FaDo nace en Galicia no ano 2009 coa intención de crear unha formación musical diferente, que inclúa fundamentalmente, música portuguesa e galega, sendo interpretada cunha sonoridade propia, lograda a través da súa instrumentación pouco habitual para este tipo de música. Nas súas actuacións, fai un percorrido polos distintos tipos de fados e as músicas galegas máis poéticas, combinando así a frescura dos fados máis alegres coa emoción das cancións galegas e fados máis sentidos.

20 abr 2012

O XOVES 26 DE ABRIL, INDIO EN CONCERTO

E aínda hai máis. O xoves 26 de abril (20:30 horas) chega a Detrás do Marco o cantautor Indio, con versións de Víctor Jara, Antonio Vega, Sabina...
Entrada gratuíta.

SILVIA WOMAMI, EN DETRÁS DO MARCO

Foi unha noite diferente. Silvia Womami chegou mermada por unha lumbalxia, pero a medida que avanzaba a noite, a dor ía quedando atrás para amosar á verdadeira Silvia, que terminou gozando do concerto e do público asistente, que compartiu con Silvia a súa lumbalxia.

16 abr 2012

O XOVES 19 DE ABRIL, ACTUACIÓN DE SILVIA WOMAMI EN DETRÁS DO MARCO

A cantautora Silvia Womami regresa o xoves 19 de abril (20:00 horas) a Detrás do Marco (R./ Londres s/n), para volver a emocionarnos coa súa espectacular voz.
Silvia fai versións de cancións “de toda a vida” e no seu repertorio hai cancións de Silvio Rodríguez, Amparanoia, Mercedes Sosa, Bebe, Van Morrison, Tracy Chapman, Kiko Veneno, Fito Páez ou Vaya con Dios, entre outros intérpretes.
Entrada libre.

14 abr 2012

UNHA TARDE INOLVIDABEL CON RUBÉN DE LIS

O cantautor galego Rubén de Lis e a súa maestría coa guitarra consiguen sempre facernos gozar dunha tardé máxica. Hoxe non foi unha excepción e logrou emocionar ao público asistente.

Grazas a todos por acompañarnos!

13 abr 2012

MAÑÁ 14 DE ABRIL, ACTUACIÓN DE RUBÉN DE LIS EN DETRÁS DO MARCO

O guitarrista e compositor Rubén de Lis actuará mañá día 14 de abril (20:00 horas) en Detrás do Marco. O galego volverá facernos vibrar coa súa guitarra e cancións coñecidas por todos, ademais dos seus propios temas (compostos e cantados por el). Entrada gratuíta.

7 abr 2012

O DÍA 14 DE ABRIL, CONCERTO DE RUBÉN DE LIS EN DETRÁS DO MARCO

Volve Rubén de Lis a Detrás do Marco. Será o próximo sábado 14 de abril, a partir das 20:00 horas, coma sempre acompañado da súa guitarra coa que nos fará vivir unha xornada moi especial.