30 oct 2012

O VENRES 2 DE NOVEMBRO, PRESENTACIÓN DO LIBRO “CUENTOS PARA UNA SONRISA”

§  É un proxecto benéfico para Alex, un neno vigués con parálise cerebral.

“Cuentos para una sonrisa”. Detrás do título deste libro está o sorriso de Alex, un neno vigués con parálise cerebral, xa que todo o diñeiro recadado será entregado á súa familia para o tratamento médico que necesita. O acto de presentación do libro celebrarase o venres 2 de novembro (21:00 horas) en Detrás do Marco.
 
O libro está formado por 18 contos, todos eles ilustrados, de outros tantos autores que colaboran de forma absolutamente desinteresada neste proxecto, igual que a editorial (Edicións Cardeñoso) que asumiu o custo total da edición.
 

En total serán 200 exemplares que se venderán a un prezo de 10 euros, que serán entregados integramente á familia de Alex. A idea xurdiu hai uns meses cando Enrique Sánchez coñeceu a Alex e as súas necesidades e ocorréuselle a idea de facer un libro para recadar fondos. Dende entón, moito traballo e moita ilusión ata chegar ao acto de presentación, que se celebrará este venres en Detrás do Marco.

 

Alex, de 5 anos, naceu con parálise cerebral por culpa dun problema durante o parto, pero nin el nin a súa familia se renderon en ningún momento e están loitando por darlle a mellor vida posible. Para iso xa iniciaron varias campañas para acadar fondos para as operacións que necesita (tapóns de plástico de botellas), para o andador que ven de conseguir... Todo grazas ao esforzo da familia e amigos. Podedes coñecer toda a súa historia en: http://www.lasonrisadealex.es/

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario