24 jun 2012

PABLO&VITA, O DÍA 30 DE XUÑO EN DETRÁS DO MARCO

O sábado 30 de xuño (21:30 horas), concerto de Pablo&Vita en Detrás do Marco. Da súa man recordaremos as bandas sonoras dos grandes clásicos do cine.

As consumicións terán un recargo de 1 euro.

18 jun 2012

O VENRES 22 DE XUÑO, ACTUACIÓN DE RUBÉN DE LIS EN DETRÁS DO MARCO


O guitarrista e compositor Rubén de Lis actuará o venres 22 de xuño (20:30 horas) en Detrás do Marco. O galego volverá facernos vibrar coa súa guitarra e cancións coñecidas por todos, ademais dos seus propios temas (compostos e cantados por el).
As consumicións terán un recargo de 1 euro.
 

15 jun 2012

ESPECTACULAR INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE NELSON VILLALOBOS EN DETRÁS DO MARCO

Moitas grazas a todas as persoas que asistiron onte á inauguración da exposición "Collage" de Nelson Villalobos en Detrás do Marco.



13 jun 2012

MAÑÁ 14 DE XUÑO (21:30 h) INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE NELSON VILLALOBOS "COLLAGES" EN DETRÁS DO MARCO


O pintor cubano Nelson Villalobos fai unha dobre exposición na Casa das Artes ("Obra sobre papel") e na cafetería Detrás do Marco ("Collages"), que permanecerá aberta ao público do 14 de xuño ao 15 de xullo.Mañá 14 de xuño (21:30 horas) celebraremos a inauguración da exposición de Nelson Villalobos "Collages".

11 jun 2012

O SÁBADO 16 DE XUÑO, ACTUACIÓN DO GRUPO ”CLAVE DE FADO”

O grupo Clave de FaDo -composto por Iria Estévez (vocalista), Pepe Piña (guitarra acústica e compositor) e Gonzalo Piña (guitarra española)- actuará o sábado 16 de xuño (20:30 horas) no local Detrás do Marco (R./ Londres, s/n).

AS CONSUMICIÓNS TERÁN UN RECARGO DE 1 EURO.

Clave de FaDo nace en Galicia no ano 2009 coa intención de crear unha formación musical diferente, que inclúa fundamentalmente, música portuguesa e galega, sendo interpretada cunha sonoridade propia, lograda a través da súa instrumentación pouco habitual para este tipo de música (bouzouqui e baixo, ademais das guitarras). Nas súas actuacións, fai un percorrido polos distintos tipos de fados e as músicas galegas máis poéticas, combinando así a frescura dos fados máis alegres coa emoción das cancións galegas e fados máis sentidos.