26 nov 2011

REFORMAS NO CAFÉ ATA O MÉRCORES 30 DE NOVEMBRO

O Café Detrás do Marco permanecerá pechado durante un par de días para realizar pequenas reformas interiores. O mércores 30 de novembro volveremos a abrir as nosas portas e poderedes contemplar os cambios que introduciremos. Confiamos en que os gusten! Esperámosvos a partir do mércores de novo!

UNHA DIVERTIDA VIAXE POLO MUNDO DAS CERVEXAS ALEMÁS





Da mán de Felipe Gil fixemos unha viaxe polo mundo das cervexas alemás en Detrás do Marco. Cervexas descoñecidas, novos sabores, novas experiencias e un pouco de coñecementos, ademais de dúas horas de entretemento e sorrisos. Así poderíamos resumir a cata de cervexas alemás do venres 25 de novembro. Moitas grazas a Felipe e a todas e todos os asistentes, xa que entre todos lograron facer unha velada moi especial.

24 nov 2011

ÚLTIMOS DÍAS PARA VER A OBRA DE XULIO LAGO

A exposición de Xulio Lago, "Orden K" está a piques de rematar, polo que todas e todos os interesados en coñecer a obra do pintor vigués deben darse prisa e achegarse ata Detrás do Marco antes do domingo 27 de novembro, fin da exposición.
Como explicou o autor, é unha obra moi especial, creada especialmente para Detrás do Marco, na que domiña a cor branca.

MAÑÁ, CATA DE CERVEXAS ALEMÁS EN DETRÁS DO MARCO

Mañá venres 25 de novembro (a partir das 20:30 horas) celebrarase unha cata de cervexas alemás en Detrás do Marco. Será para un grupo pechado de 15 persoas que poderán achegarse un pouco máis ao mundo das cervexas da mán de Felipe Gil, que será o responsable da cata.

20 nov 2011

MÚSICA GALEGA, NUNHA MAÑÁ SOLEADA

A música tradicional galega foi a protagonista en Detrás do Marco o sábado19 de novembro pola mañá. Varios profesores da Universidade que se reúnen habitualmente para gozar co folclore galego, fixeron bailar e cantar aos clientes do café, nunha mañá soleada.


18 nov 2011

O SÁBADO 19 DE NOVEMBRO, MÚSICA DE TABERNA EN DETRÁS DO MARCO

Mañá 19 de novembro, ás 13 horas, tedes unha cita coa música galega, coas cancións máis populares en Detrás do Marco. Aí esperámosvos coa pandeireta na man.

12 nov 2011

O MÉRCORES 16 DE NOVEMBRO, SILVIA WOMAMI

Silvia Womami xa é unha habitual no noso local e o mércores 16 de novembro volverá a emocionarnos coa súa voz e as cancións de sempre, esas que nunca pasan de moda. A cita, o día 16 a partir das 20:30 horas.

10 nov 2011

A ORDE O O CAOS DE XULIO LAGO CONVIVEN EN DETRÁS DO MARCO


A exposición de Xulio Lago “Orden K” (Orde e Caos) xa é a protagonista das paredes de Detrás do Marco. Onte celebrouse o acto de inauguración da mostra do artista vigués, na que Patricia Moon amosou a súa preciosa voz e o seu virtuosismo co violín.

Na exposición, que permanecerá no café ata o día 27 de novembro,  Xulio Lag amosa a súa obra máis persoal e íntima “coa que buscaba a beleza do máis sinxelo”. Así no traballo domiña a cor branca principalmente, “intentando transmitir serenidade”. Esta obra foi creada por Lago para esta exposición en Detrás do Marco, e “non se parece a nada do que fixen ata agora”.

E a pesar diso,  nos cadros aparece a figura de Xulio Lago, tal e como destacou a pintora María Jalda na súa presentación, “esta obra representa a Xulio e iso é o mellor que se pode decir dun artista. Xulio é un home sinxelo e iso é o que transmite este traballo”. Ademais, María destacou a dificultade de traballar coa cor branca: “Aínda que non o parece e moi complicado”.

E a inauguración rematou coa actuación de Patricia Moon, que puso a nota de cor co seu violín vermello e a súa voz aterciopelada, que amosou aos  presentes o seu traballo.

7 nov 2011

O XOVES 10, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE XULIO LAGO

Trala exposición do taller de Nelson Villalobos, chegou o momento de contemplar a obra do pintor e escultor vigués Xulio Lago, que chegará a Detrás do Marco cunha obra íntima e moi especial. Na inauguración o día 10 de novembro (20:30 horas) contaremos coa presenza da violinista e cantante viguesa Patricia Moon.


5 nov 2011

A CIENCIA DUNHA FORMA DISTENDIDA, EN DETRÁS DO MARCO

O café científico chegou a Detrás do Marco na noite do venres, nunha actividade que permitiu achegar a ciencia á sociedade dunha dorma distendida, á vez que didáctica.



O local, completamente cheo, gozou e moito coas explicacións dos profesores da Universidade da Coruña, que cambiaron a tiza por unha caña e un sorriso e explicacións gráficas que fixeron moi amenas as "leccións". Foron dúas horas que voaron e que descubriron moitas cousas sobre o cerebro. Sabíades que temos 100.000 millóns de neuronas?

3 nov 2011

O DÍA 4 DE NOVEMBRO, CAFÉ TEATRO CIENTÍFICO EN DETRÁS DO MARCO

Mañá 4 de novembro (20:30 horas) celebrarase en Detrás do Marco o Día da Ciencia en Galego coa celebración dun café teatro científico no que se “achega o coñecemento á xente cun toque de humor teatral”. Esta actividade de divulgación ciéntifica -“para o público en xeral e con intención lúdica”- está incluida dentro do programa de actividades previstas para celebrar a Semana da Ciencia. Haberá tamén actuacións en Pontevedra (10 de novembro) e Ourense (17 de novembro) e o lema utilizado pola Universidade é “Goza da ciencia dunha forma diferente”. Na actuación de Detrás do Marco contaremos con Casto Rivadulla e Pablo Arias (profesores da Universidade da Coruña) e o actor César Goldi.
Esta actuación é organizada pola Área de Normalización Lingüística da Universidade, a Asociación Trabalingua (unha asociación estudantil que traballa polo impulso do galego na universidade), e o Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Rubén de Lis. E ao día seguinte, 5 de novembro, contaremos coa presenza do cantante galego Rubén de Lis, que volverá a actuar en Detrás do Marco (20:30 horas).

2 nov 2011

CATA DE CERVEZAS ALEMÁS, O 25 DE NOVEMBRO

O próximo día 25 de novembro celebrarase unha cata de cervexas alemás en Detrás do Marco, a cargo de Felipe Gil.
A cata será para un grupo pechado de 15-20 persoas e terá un custe de 15 euros, que inclúe a cata de cervezas e o catering correspondente.
As persoas interesadas en asistir a dito evento deberá confirmar a súa presenza no correo electrónico prensa.detrasdomarco@gmail.com ou no teléfono 619044591.

Día: 25 de novembro Hora: 20:30 horas Lugar: Detrás do Marco (Rúa Londres, sn)
Prezo: 15 euros