31 oct 2011

AVELINO GONZÁLEZ REVOLUCIONOU AO PÚBLICO DE DETRÁS DO MARCO

O actor vigués Avelino González foi o gran protagonista da noite do venres en Detrás do Marco, xunto ás gargalladas que inundaron o local durante a súa actuación. Avelino logrou trasladarnos ao mundo do cine e ademais de explicar algunhas das teorías sobre os vigueses.

25 oct 2011

MONÓLOGO DE AVELINO GONZÁLEZ, O VENRES 28 DE OUTUBRO

O cómico e actor vigués Avelino González actuará o venres 28 de outubro (20:30 horas) en Detrás do Marco (R. Londres sn), nunha cita na que as gargalladas están garantidas.

Avelino González (Vigo, 1962) conta cun importante curriculum ás súas costas. Actor teatral (co Centro Dramático Galego) e productor teatral, é moi popular polo seu papel de Miñato na serie da TVG Padre Casares. Ademais participou noutras coñecidas series televisivas (Hospital Central, Pratos Combinados) e en películas como Heroína o Lena.

Pero en Detrás do Marco veremos a sua faceta como monologuista e faramos rir a todas e todos os asistentes coa súa actuación, que comezará ás 20:30 horas. Avelino goza de forma moi especial no contacto directo co público como contacontos nunha tarefa na que case todo está permitido: “A un actor, a un contador, todo lle está permitido, agás aburrir”, asegura Avelino na súa páxina web.

24 oct 2011

EXPOSICIÓN DO TALLER DE SERIGRAFÍA ARTÍSTICA NELSON VILLALOBOS

O día 7 de outubro celebrouse a inauguración da exposición do “Taller Nelson Villalobos Serigrafía Artística”, acto no que contamos coa presenza do máximo responsable do taller, así como de varios dos artistas que están presentes na mostra pictórica. Na presentación, participou o cantautor uruguaio Walter César, quen amenizaou o acto coa súa espectacular voz.

Na exposición, que permanecerá no café ata o día 5 de novembro, hai obras de máis dunha veintena de autores. Nelson Villalobos, José M. Barreiro, Leopoldo Nóvoa, José Bedia, Laxeiro, Xaime Quesada, Lázaro Enrí, Antonio Fernández Molina, Manolo Ruibal, Eiravella, José Bedía, Lorenzo Macías, Antón Pulido o Antón Goyanes son algúns dos autores que participan nesta mostra: Estilos diferentes e a prezos adaptados a todos os petos.